O obxectivo desta sección é por un lado, achegar o medio a nenos/as e por outro, servir de axuda para todas aqueles pais, nais, titores, etc. que desexen levar a cabo xogos ou actividades didácticas sobre o medio cos máis pequenos da casa.
O medio comprende dunha forma ou outra todo o noso arredor:
A NATUREZA, A SOCIEDADE (AMIGOS, FAMILIARES, COÑECIDOS...), CULTURA, TRABALLO...
Somos tantos e necesitamos tanto os recursos naturais para vivir que están empezando a esgotarse e ensuciarse. Para evitar isto, Necesitamos poñernos mans á obra!
¿Preguntácheste algunha vez que pasa cos papeis ou lixo que botamos ao chan directamente? Grazas á acción nin máis nin menos que da natureza, o lixo que botamos é reducido ou eliminada do medio natural, pero o proceso pode tardar centos e miles de anos! Unha acción moi positiva é a de RECICLAR, e farémolo en todos os ámbitos da nosa vida, no cole, na casa, de vacacións, cos amigos.
Ensinámosche xogos onde ademais de divertirte aprenderás só ou cos teus amigos todo o que podes facer por coidar do medio ambiente... escoita e recoñece ruídos procedentes de animais ou ambientes sonoros e identifica de onde veñen, cales son verdadeiros e cales non, etc.
A Educación Ambiental ten como obxectivo fomentar a conciencia ambiental, o coñecemento ecolóxico e determinadas actitudes e valores encamiñados ao uso racional dos recursos e desenvolvemento sostible. A UNESCO(organización das nacións unidas para a educación, a ciencia e a cultura) fai especial fincapé nesta ferramenta e para iso elaborou unha serie de manuais educativos dispoñibles a continuación.
A enerxía é o motor de todas as actividades e seres vivos. Descobre como mostrar aos nenos a súa importancia, construíndo xuntos un invernadoiro, un muíño de auga e demais inventos sinxelos que funcionan con distintas fontes de enerxía.
¿Que factores naturais interveñen na formación dunha paisaxe? Por que cambian no tempo e cales son os motivos deste cambio? Infórmate e axuda a que os peques da casa o entendan realizando interesantes e sinxelas manualidades.
Que é e de que está formada a atmosfera? E o vento? Como podo explicarllo aos máis peques? Neste manual proporcionámosche os conceptos necesarios así como as instrucións para fabricar o teu propio termómetro e anemómetro.
Aínda que sexa o elemento natural máis abundante da terra tamén é o máis explotado. Axuda a concienciar os máis pequenos da súa importancia con diversos xogos e actividades que che propoñemos neste manual.
¿Gustaríache observar pequenos animais vivos sen necesidade de facerlles dano? Aquí propoñémosche algúns inventos para que poidas facelo. Sabes a importancia que ten cada un dos seres vivos da terra? Dende o máis pequeno ao máis grande, desempeñan unha función e participan no equilibrio dos ecosistemas. Infórmate neste manual.
Os nenos teñen unha capacidade de aprendizaxe moi ampla polo que é importante instruílos nos bos usos dende pequenos. Hai multitude de formas de lograr a súa atención e conciencialos sobre a importancia de responsabilizarse sobre o consumo que fan dos recursos. Neste manual, aprenderás como reciclar papel dunha forma moi sinxela e como construír un niño para paxariños.
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies